19.2 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Os alumnos do obradoiro Proturismo 2017 promocionan á comarca en Italia

Os alumnos visitan  Bolonia, Venecia e Casteldefranco.

Un grupo de mozos e mozas que participan no obradoiro de emprego Proturismo 2017, promovido polos concellos de Dumbría, Mazaricos e Santa Comba viaxaron a Italia para desenvolver o proxecto “Camiños de Formación”, acompañados pola directora do programa Anabel Piñeiro.

Nesta xeira manterán distintos encontros e participarán en actividades en Bolonia, Venecia e Casteldefranco co obxectivo de “promocionar en Italia a prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía e o turismo de natureza”.

Camiños de Formación

Con esta iniciativa tamén se persegue “a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal e melloren a empregabilidade do alumnado” e poñer en practica todo o aprendido no obradoiro de emprego que está a piques de rematar.

Desde a dirección do Obradoiro Proturismo salientan que con “Camiños de Formación“ os concellos de Dumbría, Mazaricos e Santa Comba“amosan a aposta decidida pola formación como eixe de desenvolvemento fundamental no noso territorio así como a importancia cada vez maior que o turismo ten para a nosa zona”

 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos