5632 fans     1517 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]
Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Dumbría oferta distintas actividades para este verán

Dumbría oferta distintas actividades para este verán

Costa da Morte | Publicada: 22/05/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
0
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 4 minutos e 20 segundos.

Prosegue o programa “seis meses de actividades sen pausa”.

Dumbría continúa coa súa programación “6 meses de actividades sen pausa” que comenzou en abril e prolongarase ata o mes de setembro. O mes de maio rematará coa cuarta edición da carreira pedestre do concello, que se celebrará o vindeiro sábado 26.

O 3 de xuño a Casa da Cultura de Olveira acollerá a clausura das escolas de teatro municipais. O sábado 9 disputarase o VIII torneo de fútbol base memorial Manuel Andújar, en categorías benxamín e alevín, e o 26 na praia do Ézaro haberá unha festa infantil fin de curso para os nenos e nenas do concello, que teñan máis de catro anos.

O meses de xullo e agosto estarán cheos de actividades. Nas instalacións do Conco haberá distintas ofertas para os nenos:Manualidades, reciclaxe, cociña, experimentos, animación á lectura, contacontos,xogos e dinámicas para o tempo libre, xogos populares e de mesa, e  cursos de iniciación e perfeccionamento de natación(dirixidos tamén a adultos)

O 8 de xullo chegará unha nova edición do Gran Fondo Ézaro, unha popular marcha cicloturista que nesta ocasión está incluída dentro da Liga UCI. Non faltarán deportistas de renome como Javier Gómez Noya, Marino Lejarreta ou Carlos Sastre.

O paseo marítimo do Ézaro acollerá varias sesión de cine ao aire libre (14, 21 e 28  de xullo ás 22,30h). E a súa praia será o epicentro de dúas interesantes citas deportivas, o XX campeonato de España de salvamento xuvenil e salvamento deportivo e o campionato de España cadete de voleipraia. Entre o 16 e o 20 de xullo, O Conco recibirá aos participantes nun Campus de fútbol do Deportivo. E o 22 de xullo a carballeira de Berdeogas volverá a celebrar a Festa da Familia.

A primeira fin de semana de agosto desenvolverase a Festa da Praia do Ézaro, con actuacións circenses, obradoiros, inchables, maxia, xogos tradicionais e coa celebración do campionato galego de volei praia, de categorías inferiores. O 12 de agosto, nas augas do río Xallas  haberá outra cita deportiva de competición, o campionato galego de promoción de slalom en augas bravas. Xa o 31 de agosto terá lugar unha festa clausura das actividades estivais no Conco, con xogos de animación, xincanas deportivas, etc...

O programa de actividades do concello de Dumbría ten previsto para o mes de setembro o campionato galego de slalom olímpico (no campo de slalom do Couquiño, o 2 de setembro) e o 27 campionato de España de salvamento deportivo por comunidades autónomas( 22 e 23 setembro).

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

El PP denuncia la desatención que sufre el edificio "Os Vimianziños"

El PP denuncia la desatención que sufre el edificio "Os Vimianziños"

Foto- Captura vídeo PP de Vimianzo La portavoz del Partido Popular de Vimianzo ha denunciado el mal estado en que se…

Ler máis
El gobierno de Vimianzo sigue adelante con la expropiación de dos inmuebles en el entorno del Castillo

El gobierno de Vimianzo sigue adelante con la expropiación de dos inmuebles en el entorno del Castillo

Abonará algo más de 83.000 euros para expropiar una vivienda y una parcela en A Torre. @cristobalmourin “Tráta…

Ler máis
 Roban bombonas de butano en la oficina de Ponte do Porto

Roban bombonas de butano en la oficina de Ponte do Porto

En la madrugada de este jueves, día en el que la oficina del Banco Pastor porteña sufrió un intento de atraco, tambi…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Autos Xallas
Galicia Calidade de Lecer 2018
Concello de Coristanco
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Sobre as consecuencias de ser o Reino de España un protectorado de Bruselas

Álvaro Rodríguez

Os voceiros de ideoloxía  liberal de España, nun insólito ataque de sinceridade e claridade recoñecen que a súa política económica, tras a ces…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

"En Marea é un Big Mac"

Daniel Lago

En Marea enganou aos seus votantes. En Marea foi como essa hambúrguer da foto da publicidade do McDonald’s: uma foto vibrante mas logo quando abres…

Daniel Lago
Ler máis

Propósitos de año nuevo

Lidia Rial

El comienzo de un año nuevo, nos invita a echar la vista atrás para valorar cómo nos ha ido en el 2018 y así, plantearnos que queremos mejorar o c…

Lidia Rial
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información