15.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Arde a cociña dun local de hostalaría en Vimianzo e unha panadería en Santa Comba

Información facilitada por AXEGA 112

As lapas calcinaron por completo a cociña dun local de hostalaría situado á entrada da localidade coruñesa de Vimianzo (Restaurante A Lagoa), pola estrada da Coruña. Debido ao lume, caeron algúns falso teitos do inmoble pero, por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais, iso si, o local e o resto do edificio víronse afectados polo fume.

Ás 05:15 horas desta madrugada un particular chamaba ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que lle ardía a cociña e que non había persoas afectadas. De inmediato, dende o CIAE alertouse aos Bombeiros de Cee e á Garda Civil. Así mesmo, solicitouse a colaboración dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez extinguido, os Bombeiros procederon a ventilar o local.

Incendio nunha panadería en Barbeira

Un fallo eléctrico é a causa mais probable da orixe dun lume que se iniciou nun forno dunha panadería en Santa Comba. Segundo confirmaron os Bombeiros, ardeu por completo  o baixo que era utilizado como panadería, sen afectar á vivenda da parte superior do inmoble.

Pasados uns minutos das 19:30 horas da tarde pasada, un particular solicitaba ao 112 Galicia a intervención dos membros de extinción. Indicaba que lles estoupara o forno da cociña e que había moito fume no local, situado no lugar de Barbeira, na parroquia de Fontecada.

Ata o lugar, desprazáronse decontado os Bombeiros de Santa Comba que tras extinguir as lapas, ventilaron o local. A colaboración da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil tamén foi requirida polo 112 Galicia. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos