16.4 C
Santa Comba
miércoles, octubre 2, 2024

Letras Galegas no concello da Laracha 2018

Obradoiros creativos, sesión de contacontos, exposicións, actuacións musicais e homenaxe aos maiores.

Xarope Tulú

Foto- Victoria Moreno, a autora homenaxeada.

O concello da Laracha celebra as Letras Galegas con distintas actividades que arrancaron este luns cun obradoiro creativo na biblioteca da Laracha a cargo de Chévere Producións (“Cartas de amor a Alfombriña I”) e o martes na biblioteca de Caión a cargo de Pedras (“A galiña dos ovos de conto”). O luns 21 terá lugar o último destes obradoiros con Chévere na biblioteca municipal.

Na programación tamén destacan dúas sesións de contacontos. Este mércores 16 de maio a compañía Xarope Tulú representará a partir das 18,00h a obra “María e os ollos alabarados”.O venres será a quenda de Teatro Calavera con Chocolate, na biblioteca de Paiosaco(18,00h.).

O sábado 19 o pavillón do IES Agra de Leborís acolle unha nova edición da “Homenaxe aos nosos maiores” e o domingo a explanada do instituto será o epicentro dunha actuación das asociación culturais Santa María de Torás, Queiroa e Arume.

O cartel do concello da Laracha complétase coa exposición dos traballos realizados nos cursos municipais, que será inaugurada no baixo da biblioteca municipal o venres 18 ás 20,00h e permanecerá operativa ata o mércores 23 de maio. Os traballos tamén se poderán ver desde o 25 de maio no centro sociocultural de Paiosaco e na antiga reitoral de Caión.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos