19.1 C
Santa Comba
martes, octubre 1, 2024

Fotos inéditas da necrópole de Santa Baia de Tines en Vimianzo

Con motivo da declaración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018 O Aquivo de Galicia iniciou unha serie de actividades de promoción nas redes nas que adican cada mes a un aspecto concreto do noso patrimonio. O presente mes de maio está adicado ao patrimonio arqueolóxico e unha das mostras que fixeron foi a presentación de fotos inéditas das excavacións feitas por Chamoso Lamas fai seis décadas en Santa Baia de Tines, Vimianzo. As imaxes falan dunha importante vila de época tardorromana e sueva semellante a de Moraime, con restos apreciables únicos na zona da Trastámara. Chamoso relacionaba Tines con Moraime e cos restos achados na catedral de Santiago da mesma filiación, e vía unha ruta de comunicación entre a costa e Compostela seguindo estes encavles. En Tines foi encontrada a estela de Vitorinus do século IV, unha das primeiras referencias ao cristianismo en Galicia.

No ano 1951, co traslado da chamada Ermida Vella para ser anexada como capela sur da igrexa de Santa Baia, apareceron uns restos arqueolóxicos dunha vila e unha necrópole da época romana e sueva en Tines. A necrópole, con tumbas que van desde o século I ata o VII, están formadas por sarcófagos pétreos de forma ovalada, os máis primitivos, e con forma humana os máis recentes, mentres que na zona leste do cemiterio as lousas que recubrían as tumbas foron reutilizadas para o muro do atrio e na propia igrexa. Pese a importancia do achádego desde a etapa de Chamoso non foron feitas máis excavacións nin en Moraime nin en Tines, ao contrario permitíronse desfeitas e roubos, e a acumulación de restos a intemperie. En Tines foi construido un cemiterio na área da vila romana. O Arquivo de Galicia presentou en facebook esta mostra dunha escolma fotográfica do fondo de Manuel Chamoso Lamas que calificaara o achádego como «o máis importante da cultura sueva en Galicia» logo refrendado polo seu traballo en Moraime nos anos setenta.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos