Declaracións do alcalde de Mazaricos en Adiante Galicia
En relación coas críticas do portavoz do PSOE local, o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco, asegurou que non ía a responder “porque o alcalde non lle responde ao presidente de dúas asociacións arruinadas que afectaron directamente ao concello”, en referencia á asociación de empresarios e a Neria.
O rexedor tamén aclarou, con respecto a Javier González, que non tivo ningunha comunicación dos representantes do PSOE local co nomeamento desta persoa como representante dos socialistas.A Blanco chámalle a atención que González Trillo “agora sexa o portavoz do PP” e engadiu que “vive en Santiago e nin sequera é veciño”.
Fontes municipais confirmaron que estaban presentes no xantar representantes de distintas asociación que colaboran con actividades do concello.