16 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Andaina e manifesto reivindicativo en Santa Comba

Dez quilómetros de percorrido na iniciativa do C.I.M. Xalleiro. Vídeo no interior da nova.

Santa Comba celebrou a segunda edición da Andaina pola Igualdade, que fora suspendida no seu día polas adversidades meteorolóxicas. O pasado domingo non se gozou dun día óptimo pero medio cento de persoas participaron nesta andaina de dez quilómetros, que concluíu coa lectura dun manifesto a cargo da edila de Servizos Sociais, Esther Espasandín. 

A corporación local tamén estivo representada pola alcaldesa María Pose, a concelleira Silvia Cancela(Tega) e polos edís do PSOE, José Antonio Ucha e Miguel Caamaño,

“A xustiza non pode fallar ás mulleres” 

O manifesto tamén serviu para expresar o rexeitamento da sentenza da Manda.”A xustiza non pode fallar ás mulleres, non pode ser que para que se considere vítima a unha muller teña que ser ferida.Está claro que queda moito por facer non ámbito legal non noso país, temos aínda moito que loitar para podr chegar a unha igualdade e efectiva” manifestou Espasandín Turnes na lectura do manifesto.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos