O colectivo adhírese ao Clúster de Turismo de Galicia e o GALP Costa Sostible.
Máis de 120 socios, que representan a case mil traballadores, forman parte da asociación de empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, segundo os datos ofrecidos pola propia entidade que, nun comunicado de prensa, no que tamén anuncia que se decidiu imprimir 30.000 novos mapas e 100.000 credenciais que “xa son un documento moi demandado polos peregrinos que rematan o seu Camiño en Fisterra e Muxía conseguindo a Fisterrana e a Muxiana”.
A asociación Solpor, que preside Jesús Picallo, adheriuse ao Clúster de Turismo de Galicia e solicitou formar parte do grupo de acción costeira GALP Costa Sostible “buscando conciliar os sectores da pesca e o turismo á vez que se mantén a sostenibilidade do territorio”.
Desde a entidade informan que están a traballar nunha web que “busca ser o punto de referencia para localizar información sobre o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía en internet”. O espazo web pretende integrar toda a información sobre o Camiño de Santiago a Fisterra e a Muxía.
Para contactar con Solpor caminodosolpor@gmail.com