17.7 C
Santa Comba
lunes, septiembre 30, 2024

O concello de Mazaricos anuncia que asumirá as obras do centro de saúde

O alcalde Juan Blanco critica de novo á consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

A penosa situación do centro de saúde de Mazaricos encontrou unha solución, segundo o anuncio feito polo goberno local, que se fará cargo dos custes da obra de renovación da cuberta e da reparación dos desperfectos internos.

Todo isto despois duns meses de certa polémica. E aínda que haberá un investimento que roldará os 60.000 euros, desde o concello non aforran críticas novamente contra a consellería de Sanidade, que non ofreceu “ningún tipo de resposta”.

“En dous meses pedindo unha entrevista para tratar este tema e nin sequera nos contestaron” afirma o alcalde Juan Blanco que pensa que o goberno galego “despreza á veciñanza de Mazaricos”. 

Para Blanco Riveiro “cando desde a Xunta falan de fixar poboación no rural é papel mollado porque despois non poñen os medios económicos e estruturais para que as persoas que viven nel teñan uns servizos sanitarios e sociais adecuados e son estes os motivos que provocan a dispersión á vilas periurbanas ou ás cidades”.

Desde o executivo de Mazaricos que este investimento será “ o unico xeitode frear o deterioro do inmoble” e de “lograr que a veciñanza reciba un dereito como é a atención sanitaria nunhas condicións boas e non como as actuais que son pésimas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos