10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

O PSOE pide melloras na estrada de San Salvador

O PSOE indica que a estrada das minas encóntrase en “moi mal estado e cunha superficie de rodadura moi escasa”.

O Partido Socialista de Santa Comba presentou unha moción para ser debatida no pleno extraordinario  pedido por este grupo, que se celebrará este xoves ás 10,30h, na que solicita “ordenar de forma inmediata a elaboración do proxecto técnico de ancheamento e pavimentación das estrada das minas dende a DP2904 ate a ponte do río Xallas  en San Salvador”.

Os socialistas propoñen que se contemple un mínimo de 10 metros de ancho total e dous carrís de rodadura de 3,5 m, “eliminando curvas na medida do posible”, e confirman que se trata dunha demanda de veciños, empresas e outros usuarios que tamén demandan a construción dunha beiravía lixeiramente inclinada cun cordón de formigón exterior que evitará a degradación do asfalto, permitirá a recollida de augas e a entrada ás fincas en todo o percorrido.

Emprazan ao goberno local a que xestionen a xestión de terreos no seu prezo xusto e barallan unha alternativa:”De non chegar a acordo, iniciar procedemento de expropiación forzosa dos terreos”.

O PSOE indica que esta estrada encóntrase en “moi mal estado e cunha superficie de rodadura moi escasa”. Tamén lembran que no ano 2008 se asinou un convenio cunha empresa eólica que achegou 200.000 euros para o arranxo da estrada, sen que realizara a actuación prevista.
A maiores a empresa gastaría ata un máximo de 25.000 euros para a elaboración do proxecto técnico. Esta partida non foi ingresada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos