13.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

O BNG coristanqués denuncia que a contratación dun asesor xurídico invade as competencias da secretaría municipal

Aseguran que hai unha “vinganza persoal” contra a secretaría municipal.

O BNG de Coristanco asegura que a contratación dun asesor xurídico externo por parte do alcalde local se fixo “ignorando as advertencias respecto das irregularidades” e para “invadir competencias da propia secretaría municipal e mesmo obstaculizar o labor de control e supervisión da actuación dos responsables políticos por parte da funcionaria habilitada para tales funcións”.

Os nacionalistas pensan que se trata dunha “vinganza persoal” que se realizou “sen detallar as funcións para que era contratada e por un custo inicial de 22.000 euros en once meses desoíndo dous informes da Secretaría”.

Entenden que “non hai xustificación da necesidade real de contratar unha asesoría externa nin se especifica en ningún momento cales han ser as funcións desa asesoría”. Foi unha tema que provocou debate na última sesión plenaria e polo que se interesou a concelleira Laura Mariño.

Interrogantes por aclarar

 “Lembremos que entre os primeiros informes do asesor contratado está o o realizado para para xustificar a compatibilidade do Alcalde coa súa actividade na empresa privada e así evitar os reparos de Intervención sobre o salario da dedicación exclusiva que o Alcalde vén cobrando desde o mes de agosto, tema con moitas interrogantes aínda por aclarar” sinalan desde o BNG.

Tamén indican que “esta funcionaria xa foi obxecto de persecución por parte do anterior goberno encabezado por Pensado Plágaro”. Anuncian ademais que a formación “estará vixiante nesta cuestión para impedir a intromisión do alcalde ou de calquera asesoría xurídica externa no traballo do funcionariado, cuxo traballo é garantir o cumprimento da legalidade e advertir das irregularidades que se poidan producir”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos