9.3 C
Santa Comba
jueves, abril 25, 2024

María Pose presentou o proxecto “as sendas do Xallas” na Xunta de Galicia

O concello pretende potenciar o Río Xallas como produto turístico.

Texto- Nota de prensa do concello de Santa Comba (completa)

A Alcaldesa de Santa Comba María Pose presentou hoxe na Consellería de Medio Ambiente un proxecto inicial do que serán «As Sendas do Xallas», unha serie de actuacións de limpeza, recuperación, sinalización, dinamización e posta en valor de espazos singulares no entorno do Río Xallas.

A Alcaldesa de Santa Comba María Pose Rodríguez entrevistouse na mañá de hoxe coa Subdirectora Xeral de Espazos Naturais da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia , Nieves López, para solicitar a colaboración e participación do ente autonómico no proxecto » As sendas do Xallas», iniciativa municipal para abrir á poboación xalleira ás fantásticas posibilidades de vertebración do entorno rural e das potencialidades turística que ofrece un valor natural como é o río Xallas.

A aposta do Concello por recuperar para a poboación as marxes do río, con limpezas, sinalización e posta en valor de diversos paraxes quedará planificada nunhas actuacións en varias fases.

A primeira fase do proxecto, a que se plantexou hoxe na Consellería, incluiría as actuacións a realizar en 3 zonas. A primeira delas, na Présa da Xesteira ( Arantón), e os espazos a carón do río que a acompañan, recuperando desta maneira unha zona de valor tanto histórico como natural.

A segunda actuación sería a creación dunha senda desde a Área recreativa de Esmorode (Alón) ata a Ponte de Tapia (San Cristobo) e volta a Esmorode, onde os visitantes poidan disfrutar da Présa do Outeiro e dunha zona de Río realmente atractivas.

A terceira das actuacións deste futuro plan municipal sería no entorno do Río Abuín, principal afluente do Xallas, na localidade da Illa( Freixeiro), poñendo en valor un espazo único á beira do río, con muiños, batáns e especies arbóreas autóctonas.A Alcaldesa explicou tamén á subdirectora Xeral a importancia da pesca fluvial no Río Xallas, actividade que atrae a moitos visitantes á zona.

A disposición da Consellería co proxecto xalleiro foi moi boa, o que fará que se dean sucesivos pasos cara o avance definitivo dun plan que, no futuro, poida ampliar este tipo de actuacións de valorización fluvial ata convertir ó río, ademais de elemento vertebrador do rural, nun potencial producto turístico.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos