5158 fans     1468 seguidores     43 seguidores - Club Adiante - Dirixe: Xosé Manuel Lema [Contacto]

Parque de Megalitismo, outro pasiño máis

Parque de Megalitismo, outro pasiño máis

Costa da Morte | Publicada: 03/04/2018

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto
0
2
0

Email Google+ Pinterest WhatsApp Menéame Chuza! Cabozo

Tempo de lectura: 3 minutos e 12 segundos.

Tamén avanza o proxecto do Centro BTT Costa da Morte.

Proxecto BTT

O responsable da área de Turismo e Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, presentou o borrador do convenio de colaboración para desenvolver o proxecto do Parque do Megalitismo da Costa da Morte.

Nesta xuntanza participaron  alcaldes, concelleiros e secretarios de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, A Laracha, Carballo, Dumbría, Laxe, Malpica, Mazaricos, Vimianzo e Zas. Este convenio deberá ser aprobado nos distintos plenos das corporacións locais e posteriormente no pleno provincial.

A Deputación coruñesa destinará medio millón de euros para promover esta actuación.“Este proxecto ten por obxecto cohesionar o territorio a través de modelos patrimoniais, impulsando o megalitismo dende a cooperación entre os concellos e a Deputación” sinalou Xosé Regueira.

Agora os concellos recibirán o borrador e despois “xunto coa Deputación xestionarán durante os vindeiros catros anos de forma conxunta as actuacións e actividades que se realizarán ao redor dos diferentes monumentos megalíticos”.

Centro BTT Costa da Morte

Xosé Regueira tamén se reuniu con representantes dos concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Por este municipios transcorre o proxecto Centro BTT Costa da Morte, de 630 quilómetros.

A Deputación destina 181.000 euros para esta senda BTT. Os municipios inician agora un período de estudo e análise das condicións establecidas no convenio elaborado pola Axencia de Turismo Xunta da Galicia e a Deputación da Coruña, para a afrontar a execución, acondicionamento e sinalización do proxecto.

“É preciso o compromiso firme de todos os concellos que forman parte deste proxecto”, pois unha vez que o convenio marco sexa asinado, a Xunta de Galicia revisará e avaliará a homologación da cada un dos quilómetros que conforman o percorrido, unha coxuntura, incidiu, “que determinará semestralmente que o proxecto siga adiante” manifestou Regueira.

Se queres podes deixar un comentario sobre esta noticia no Facebook:

Pódeche interesar...

La Guardia Civil desarticula una organización dedicada al robo de telefonía en tiendas

La Guardia Civil desarticula una organización dedicada al robo de telefonía en tiendas

Según la Guardia Civil cometieron actos delictivos  en tiendas de #Sada #Cee  #Carballo, #Ordes, #Padrón, #Boiro, #A…

Ler máis
El IBI provoca debate en Mazaricos

El IBI provoca debate en Mazaricos

BNG y PP debaten en el pleno// El PSOE acusa al alcalde de “arrogancia y desleixo”//     …

Ler máis
Declaraciones en Corcubión por unas facturas de Camariñas

Declaraciones en Corcubión por unas facturas de Camariñas

Las declaraciones tendrán lugar el próximo viernes 27 de julio.   La teniente de alcalde del ayuntamiento de …

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Enova Energia
Ruta CH Santa Comba 2018
Autos Xallas
Concello de Coristanco
El candidato ganador: Cómo organizar campañas electorales para ganar unas elecciones (Marketing Político)
KNM Abogados
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Opinión

Galeguistas e nacionalistas no 25 de xullo

Xosé González Martínez

Está rulando polas redes sociais un novo anuncio publicitario chamando ao consumo de produtos galegos etiquetados no noso idioma. Unha creación de P…

Xosé González Martínez
Ler máis

Crónica da II Restauración.A UMG celebra o seu XVII Congreso.¿Berlín ou Tailandia?

Álvaro Rodríguez

A organización xuvenil  UMG, mocidades da  UPG, organización hexemónica do nacionalismo galego, celebrou o sábado 7 de xullo de 2018 o seu  XVI…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Crónica da II Restauración: Borrell “O xeneroso”

Álvaro Rodríguez

O  ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, Josep Borrell,  o novo, e o mesmo de sempre, o que foi concelleiro en  Majadahond…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información