10.9 C
Santa Comba
jueves, abril 25, 2024

Mes do libro do concello da Laracha

Haberá actividades nas bibliotecas da Laracha, Paiosaco e Caión.

O 23 de abril celébrase en todo o mundo Día Internacional do Libro, sendo unha data programada co obxectivo de fomentar a lectura, especialmente entre os nenos. É tamén por ese motivo que abril é considerado como o Mes do Libro.

O Concello da Laracha, tal e como está a ser habitual nos últimos anos, levará a cabo un amplo programa de propostas para conmemorar o Mes do Libro con varias iniciativas dirixidas ao público infantil. Realizarase en abril nas bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión.

As sesións de contacontos infantís desenvolveranse sempre ás 17:30 horas o venres 6 (Os contos da tía Lola, de Inacio Vilariño, en A Laracha), mércores 11 (Comechíns, segundo prato de Galeatro, en Caión), venres 20 (Non máis guerras, de Trinke Trinke, na Laracha) e venres 27 (Avós, de Trinke Trinke, en Paiosaco).

Tamén haberá un espectáculo dirixido a bebés titulado O sapiño que non quería comer, de La Nube Teatro. Terá lugar na biblioteca municipal da Laracha o domingo 15 a partir das 12:00 horas.

Ademais, realizaranse obradoiros infantís dirixidos a estudantes de educación primaria e consistentes na elaboración de manualidades. O primeiro, baixo a denominación Un complemento para… min, terá lugar nas bibliotecas da Laracha (mércores 4), Paiosaco (xoves 5) e Caión (mércores 25). O segundo titúlase Un agasallo para… ti, cunha única sesión programada na Laracha (xoves 26). En todos os casos a hora de inicio será as 17:30 e terán unha duración duns 50 minutos.

A participación en calquera destes eventos e actividades é gratuíta e non require inscrición.

Fonte- Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos