5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Alcaldes da Costa da Morte critican á Xunta e piden compensacións pola praga da pataca

Nota de prensa dos concellos de Vimianzo, Dumbría, Fisterra, Camariñas e Zas en relación coa problemática da couza da pataca. Reproducimos  o texto íntegro.

Os alcaldes esixen medidas frente a polilla da pataca

Este mércores reuníronse o Alcalde de Muxía, concello infestado pola polilla guatemalteca das patacas, os alcaldes dos concellos tampón de Vimianzo, Dumbría, Fisterra e un concelleiro de Camariñas. Tamén asistiu o Alcalde de Zas, aínda que non sexa un concello tampón.
Nesa mesma reunión acordaron solicitar unha reunión urxente con Belén do Campo, que segundo manifestou ela, non tiña pensado facela ata a semana que vén.

Belén do Campo citounos para as 11:30  en Santiago. Alí fomos todos para plantexarlle o noso malestar e as preguntas dos nosos veciños.
A directora xeral de agricultura pediu a colaboración dos concellos ao que lle respondemos que sí, pero non sumisión. Hai que recordar o problema da avispa asiática e como a Xunta nos dou unha pertiga e uns traxes trasladando a responsabilidade  das súas mans á dos Concellos?

Pedimos responsabilidade política co problema da polilla. Hai uns meses a Xunta indicaba na prensa que a plaga da polilla estaba casi extinta e atopámonos agora con esta situación. Vaia mecanismo de detección cando hai que esperar a que sexan os veciños os que alerten que atoparon o bicho nunha pataca.

Queremos responsabilidade, ou é que só hai responsabilidade cando goberna o PSdeG e o BNG na Xunta. Cos incendios da época do bipartito, os responsables para o PP eran o Conselleiro e o Presidente. Cos incendios gobernando Feijóo os responsables son terroristas.

Manifestamos a nosa disconformidade cas indemnizacións propostas e fixémoslle entender que case a totalidade dos cultivos de patacas da zona son para autoconsumo de persoas que dispoñen dun poder adquisitivo baixo. Son moitos os casos de pensionistas da agraria ou non contributivas que lles van a dar 40 euros por 100 m2 de leira de patacas. 40 euros non chegan para todo o gasto que se fixo e moito menos che dá para comprar as patacas de consumo durante un mínimo de 2 anos. Por iso reclamamos o pago do lucro cesante ao igual que se fai noutros sectores.

Outra das reclamacións manifestadas foi a escasa información da que contan os nosos veciños. Belén do Campo confirmou que tiñan previsto programar un ciclo de charlas informativas. Non queremos que esas charlas se retrasen así que demandamos que comezaran xa e ofrecemos os centros sociais e culturais para que veñan impartilas.

Os técnicos explicaron que nas zonas tampón se podía plantar pero que había que declarar onde se planta e onde se almacena. Esta declaración é un impreso que a Xunta poñerá a disposición nas oficinas da agraria. Os alcaldes reclamamos que se veñan aos concellos a cubrirlles estes impresos aos veciños, a maioría xubilados e que desplazarse suponlle un sobrecoste que ao mellor non poden asumir. 
Belén do Campo aceptou facer as charlas canto antes e enviar eses técnicos aos concellos.

Por outro lado, o xefe territorial da Coruña recomendou que nas zonas tampón se esperara unhas semanas a facer novas plantacións, porque estaban analizando patacas neses lugares e conviña agardar a saber os resultados.

Finalmente e para rematar a reunión volvemos a recordarlle o noso cabreo con esta situación que afecta aos nosos veciños e insistimos novamente en reclamar responsabilidade e unha compensación a esas patacas que agora imos ter que mercar durante como mínimo dous anos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos