10.2 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Unhas visitas teatralizadas con vocación de futuro

Éxito das “Pegadas na Terra do Xallas”. @xmlema

A iniciativa dos alumnos e das alumnas do obradoiro de Emprego Proturismo 2017, no que participan os concellos de Santa Comba, Dumbría e Mazaricos foi valorada como un “éxito” polos seus propios promotores, con preto dun cento de persoas que asistiron ás visitas teatralizadas que se desenvolveron na Casa do Pozo.

Polo seu formato e pola propia idea en si, “Pegadas na Terra do Xallas” debería ter continuidade, afondando incluso noutras pasaxes da historia de Santa Comba ou da comarca. Polo momento, desde o obradoiro están abertos a repetir estas representacións “baixo petición” no teléfono 663202251 ou no enderezo electrónico proturismo.terradoxallas@gmail.com.

O obxectivo era “amosar o contido do Museo Terra do Xallas dende unha óptica diferente, combinando humor e historia, para poñer en valor e visibilizar os recursos da vila”. Cumpriuse e hai que dar os parabéns a toda a familia de Proturismo 2017.

As visitas teatralizadas tiveron lugar os días 26, 27 e 28 de marzo. Os alumnos interpretaron a diversos personaxes populares que ao longo dos anos deron vida ao municipio. E segundo confirman distintas fontes, con profesionalidade e paixón.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos