12.1 C
Santa Comba
lunes, octubre 7, 2024

Antelo:”Detrás de todo este teatro existen outros intereses”

O alcalde de Vimianzo percibe intereses “que teñen que ver máis con cuestións económicas”.

O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, declarou que era “unha pena tirar cunha casa que se podía legalizar” mediante a modificación que se está impulsando e amosouse “bastante ofendido” coa situación xerada.

Nunha entrevista en Radio Nordés- Cadena Ser, Antelo Pazos, asegurou que se estaba “montando un espectáculo tremendo” que respondía “a outro tipo de intereses que teñen que ver máis con cuestións económicas” e recriminou a postura de Evaristo Blanco:”A maior forma de ter publicidade é invertarse unha historia contra un alcalde”.

Estado de alarma social

O rexedor augurou que Blanco “nos próximos días presentará unha denuncia contra o concello de Vimianzo” e criticou a presenza dos concelleiros do Partido Popular e Terra Galega, aos que o veciño de Bamiro “debería pedirlle explicacións” por pertencer ao mesmo partido da Xunta(PP) ou por formar parte do anterior goberno(Tega).

Manuel Antelo Pazos tamén engadiu:”Algún empresario de Ponteceso poderíanos contar como actúa esta xente”. Ademais referiuse ao “ton ameazante” das afirmacións de Evaristo Blanco e lamentou que se pretenda crear “un estado de alarma social”, aclarando que había “moitos recursos” antes de ter que tirar coa casa de O Ceán.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos