10.8 C
Santa Comba
jueves, noviembre 30, 2023

“A situación que vivimos é froito da desesperación dunha familia á que levan enganando moito tempo”

A portavoz do Partido Popular en Vimianzo, Raquel Rodríguez Amigo valorou para Adiante Galicia a polémica sobre o derrube da vivenda de Bamiro. Afirma que faltou “vontade política” por parte do alcalde Manuel Antelo Pazos.

 

Titulares destacados das declaracións de Raquel Rodríguez

* “Ao alcalde de Vimianzo xa non lle queda ben o papel de vítima”

“Foi unha das situación máis tristes ás que se pode enfrontar unha persoa”

“É penoso ver como un alcalde para defenderse ten que acusar aos demais”

“A Xunta non ven tirarlle a casa a ninguén. A APLU, actúa porque hai unha denuncia entre particulares”

“Eu son concelleira da corporación de Vimianzo, e vou a defender aos meus veciños cando así faga falta”

“Leva sete anos de alcalde, no ano 2015 solicitáronlle información e contestou que nin se estaba facendo nin se tiña pensado facer unha redelimitación no núcleo”.

“A situación que vivimos é froito da desesperación dunha familia, a que levan enganando moito tempo”.

“Toda a oposición pediulle que contratara a unha empresa para facer a delimitación e encaprichouse en mandala á Deputación. Agora está facendo outra modificación e contratou un estudo de arquitectura particular”

“Evaristo non tirou coa casa por intereses propios. Chegar ao punto de dicir que unha persoa tira coa súa propia casa por intereses propios, xa hai que ter un corazón de ferro”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos