17.7 C
Santa Comba
lunes, septiembre 30, 2024

Félix Porto:»Estamos moi preocupados pola desinformación e pola falta de control”

O alcalde de Muxía agarda que este martes se aclaren as dúbidas que existen ao respecto.

O alcalde de Muxía, Félix Porto, amosou a súa preocupación pola situación dada pola presenza da couza guatemalteca no concello:”Estamos preocupados pola desinformación e pola falta de control” declarou o rexedor nos micrófonos do programa Galicia por Diante da Radio Galega.

Félix Porto detecta “un fallo de control” e asegura que a preocupación tamén afecta aos concellos limítrofes de Camariñas, Vimianzo, Dumbría, Cee e Fisterra.

Transparencia e información

Agarda as explicacións que darán mañá martes (ás 9 da noite no edificio de servizos múltiples) os técnicos da Xunta  e afirma que agora hai que “ser totalmente transparentes e trasladar toda a información á xente”. Indicou que está á espera de coñecer os detalles das medidas decretadas e posibles indemnizacións.

O alcalde resaltou que en Muxía “hai unha produción significativa” de pataca na maioría das parroquias.Hoxe publicábase no Diario Oficial de Galicia a resolución na que se declaraba ao concello como zona infestada pola praga da couza guatemalteca.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos