16.8 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

A vivenda de Bamiro xa está derrubada.Fala Evaristo Blanco:“As leis en Vimianzo non son para todos iguais”

Esta tarde o veciño de Bamiro procedeu a demolición da súa casa.

Evaristo Blanco quixo falar antes do derrube da súa casa. Estivo acompañado por un grupo de veciños e polos voceiros do Partido Popular (Raquel Rodríguez) e Terra Galega (José Manuel Rodríguez). Tamén agradeceu o apoio de IxV e PSOE.

“A miña casa non está ilegal, porque teño un proxecto e unha licenza urbanística para unha leira que é edificable, pero houbo un erro no proxecto” dixo Blanco, que cualificou de “mentireiro” e “trapalleiro” ao alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos.

 

“Isto era o que quería o señor alcalde desde o primeiro día”

“Eu tiro a casa porque teño unha hipoteca de 150.000 euros ao lombo e teño que pagar multas” comentou o propietario da vivenda de O Ceán afectada polas multas da APLU e, segundo el, tamén pola inacción do goberno local:“Isto era o que quería o señor alcalde desde o primeiro día”.

Insistiu nun trato desigual con respecto a outro veciño “amiguiño seu” e afirmou que “as leis en Vimianzo non son para todos iguais”. Evaristo Blanco asegurou que foi vítima “dunha chantaxe no despacho da alcaldía”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos