18.7 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Roque: «Antelo non merece representarnos»

AUDIO-Sobre a vivenda derrubada de Bamiro.Declaracións de Roque en Adiante Galicia.

O portavoz de Terra Galega asegura que este luns viviu «un dos momentos mais tristes da historia do noso concello» e tamén «a situación máis desagradable»da súa traxectoria política. «Un pai vendo como as máquinas lle tiran a casa do seu fillo é moi forte» afirmou Roque, que en declaracións a Adiante Galicia, que se poden escoitar no audio que publicamos hoxe, que «o goberno do señor Antelo tivo moitísimas posibilidades de legalizar esa vivenda».

Rodríguez Blanco quixo lembrar que «a denuncia parte dun veciño que foi nas listas do BNG co señor Antelo» e incidiu en que en toda a comarca «hai moitas vivendas na situación de Evaristo, incluída a casa dese señor». Tamén avalou as denuncias de Evaristo Blanco sobre supostos «enganos» e intentos de «chantaxe».

«Antelo non ten dignidade»

O concelleiro pensaba que antes de derrubarse a casa o alcalde acompañaría a familia:»Pensei que o Sr. Antelo ía chegar alí a apoiar a Evaristo. Pero nin unha chamada. Hai que estar sen corazón. Non ten dignidade como persoa. Non merece representarnos».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos