7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

O PP engraxa a maquinaria na comarca de Bergantiños

Evaristo Ben:“Podemos gañar as eleccións nos sete concellos do Partido Xudicial de Carballo”.

“Podemos gañar as eleccións municipais nos sete concellos do Partido Xudicial de Carballo” afirmou o director de campaña do PP na provincia, Evaristo Ben, no marco dunha cea que celebraron os populares en Laxe, e á que asistiron concelleiros e militantes da formación na zona.

O vicesecretario de organización amosouse optimista de poder gañar nos concellos de Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Laracha, Malpica e Ponteceso e lembrou que en 2015 o PP quedou a “un puñado de votos” de gobernar en Ponteceso, Coristanco e Laxe. 

Unidade, traballo en equipo e xenerosidade

Ben Otero pediu “unidade, traballo en equipo e xenerosidade” aos membros do partido na bisbarra: “Vós sodes a base e os responsables dos éxitos que este partido cultiva en todas as eleccións. Sodes as persoas que dan a cara pola nosa formación, que estades a pé de rúa cos veciños e que coñecedes os seus problemas”.

O dirixente non se esqueceu dos gobernos que ten o Partido Popular en Bergantiños, e puxo como exemplo o traballo dos alcaldes José Manuel López Varela(A Laracha), Eduardo Parga Veiga(Malpica) e José Muíño Domínguez(Cabana) e mostrouse convencido de que “en 14 meses teremos máis exemplos que poñer sobre a mesa” xa que “O Partido Popular sempre foi unha referencia nesta comarca”.No acto tamén estivo presente o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos