12.3 C
Santa Comba
jueves, abril 4, 2024

Sandra Vilela asume a presidencia do PP de Muxía para “seguir dando o callo como o fixemos ata agora”

Evaristo Ben está convencido de que o PP está preparado para facerse coa alcaldía de Muxía.

Os militantes do Partido Popular elixiron por unanimidade a portavoz municipal, Sandra Vilela, coma nova presidenta local do partido despois do congreso celebrado este sábado, e que contou coa presencia do secretario de organización provincial, Evaristo Ben Otero, do deputado autonómico, Aurelio Núñez Centeno, de concelleiros actuais e doutras lexislaturas como é o caso do exalcalde Alberto Blanco.

Na súa intervención, Evaristo Ben mostrouse convencido de que a súa formación está “preparada e en boa disposición” para lograr facerse coa alcaldía do Concello de Muxía nas eleccións de 2019.

Ben Otero louvou o “gran traballo” realizado pola xestora popular durante o último ano. “Non teño ningunha dúbida de que a nova directiva é consciente de que queda moito traballo por facer durante o próximo ano, pero tampouco teño ningunha dúbida de que eles son os que mellor saben todo o que hai que facer e os que máis ganas teñen de levalo a cabo. Así que, parabéns a todos e a traballar duro” declaro o secretario de organización.

Sandra Vilela defende a política de proximidade

Pola súa banda, Sandra Vilela animou aos membros do partido a  “seguir dando o callo como o fixemos ata agora” porque, na súa opinión, ese é o “único camiño para poder alcanzar os obxectivos que nos marcamos”.

Para Vilela Riveiro o congreso local  “pon as bases” para que o Partido Popular de Muxía volva ser unha referencia para todos os veciños. “Entendemos a política desde a proximidade e desde o contacto con toda a xente e creo que a única maneira de conseguilo é baixando á rúa e  visitando todas e cada unha das parroquias como fixemos ata a data” manifestou Vilela.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos