14.2 C
Santa Comba
martes, abril 23, 2024

A Deputación impulsa o parque de megalitismo da Costa da Morte

Investirá medio millón de euros para mellorar a accesibilidade e divulgar o patrimonio.

O responsable da área de Turismo da Deputación provincial da Coruña, Xosé Regueira, anunciou a creación dunha mancomunidade de impulso da área patrimonial do Parque do Megalitismo no que se investirán medio millón de euros para a execución dunha parte do Plan Director.

Foi nunha xuntanza cos alcaldes dos alcaldes que forman parte do Parque do Megalitismo son Malpica de Bergantiños, Carballo, Zas, Cabana de Bergantiños, Vimianzo, Dumbria, Corcubión, Mazaricos ademais da Laracha e Ponteceso.

O investimento anunciado por Regueira destinarase ó plan de divulgación, á mellora de accesibilidade aos túmulos e da sinalización ou a compra de terreos en que se atopan os monumentos arqueolóxicos.

“O proxecto enmárcase dentro das iniciativas do ámbito do patrimonio que se están a desenvolver desde a Deputación da Coruña como o Xeoparque de Ortegal e Compostela Rupestre cos que se quere completar o territorio provincial neste Ano Mundial do Patrimonio” sinalou Xosé Regueira que quixo dar importancia a “un tesouro de especial relevancia para a Costa da Morte e un museo ao ar libre de grande singularidade que pode atraer visitantes de todo o mundo”.

Entre outros monumentos, forman parte do Parque Arqueolóxico da Costa da Morte a Pedra Moura, Casa dos Mouros, Pedra Cuberta, Arquiña de Vilaseco e Mina de Recesinde do concello de Vimianzo, Pedra da Arca de Malpica, Arca da Piosa e Pedra Vixía de Zas, Fornela dos Mouros de Laxe, a Mina da Parxubeira de Mazaricos, Pedra Moura de Carballo ou o propio Dolmen de Dombate de Cabana de Bergantiños

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos