13 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Compromiso desexa renovar a coalición co PNV nas eleccións europeas de 2019

Piñeiro Docampo e Orlando Villamayor participaron nun encontro en Sabin Etxea, sede central do PNV en Bilbao.

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro Docampo e o secretario de organización, Orlando Villamayor, mantiveron unha reunión co presidente do Euskadi Buru Batzar( EBB), órgano executivo do PNV, Andoni Ortúzar e co responsable da área de organización, Joseba Aurrekoetxea

Un dos asuntos tratados na reunión foi a posibilidade de volver a presentarse en coalición nas eleccións europeas de 2019. Fontes do partido galeguista confirman que os dous partidos “comparten o desexo e vocación de que así sexa”. Compromiso e PNV recoñecen as “excelentes relacións” que manteñen ambas as formacións.Tamén falaron da situación política de Galicia e de Euskadi. Os dirixentes vascos informaron sobre a proposta de autogoberno exposta polo PNV. Ortúzar e Piñeiro volverán reunirse durante a próxima primavera. 

En 2014, Compromiso por Galicia formou parte de Coalición por Europa, entón xunto con PNV, CDC, UDC e Coalición Canaria.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos