7.4 C
Santa Comba
jueves, noviembre 30, 2023

Dúas mil racións repartidas e locais cheos na Festa do Bolo do Pote de Mazaricos

Éxito de convocatoria na festa gastronómica organizada polo concello de Mazaricos.

Agardábase un novo éxito e así foi.Na degustación celebrada no campo da feira de A Picota, repartíronse unhas dúas mil racións de bolo do pote. Vinte edicións dunha festa que segue collendo prestixio.

Segundo a organización, que corresponde ao concello de Mazaricos en colaboración coa asociación Monte Picoto e Amas de Casa, “este ano foi o que máis xente houbo de todos os últimos”. Moitas persoas aseguraron que o produto estaba “delicioso”.Unha resposta popular masiva que tamén afectou aos locais hostaleiros como confirmou o presidente da asociación, Jorge Jurjo.

O alcalde, Juan José Blanco Riveiro afirmou sentirse “orgulloso das tarefas de promoción do produto, tanto en Xantar como na homenaxe a Rosalía de Castro”. 

O grupo de gaitas O Verán e a charanga Os Jalácticos animaron a festa, que contou tamén cunha exposición de trinta coches minis.O gañador ao coche máis fermoso e coidado foi o de José Cacheiro que recolleu o premio de mans do alcalde de Mazaricos. A votación levárona a cabo as persoas asistentes. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos