Declaracións a Adiante Galicia:“Penso que se están dando os pasos correctos. A Costa da Morte é un destino que vai en aumento”.
O alcalde da Laracha amosouse convencido de que se “están dando os pasos correctos. A Costa da Morte é un destino que vai en aumento”.José Manuel López opina que “desde cada concello individualmente debemos poñer en valor aqueles atractivos que temos, pero para sumar ao conxunto de todo o xeodestino”.
Nunha entrevista a Adiante Galicia, que se publicará esta fin de semana, o rexedor larachés defende o traballo turístico conxunto a prol da Costa da Morte:”Unha persoa que escolle a Costa da Morte como destino, un día virá visitar Caión, pero tamén irá a Carballo, Malpica, Muxía ou Camariñas”.
Neste senso apoia o que significa a CMAT: “O que se está facendo na CMAT, tendo en conta a colaboración da Xunta, penso que vai a reforzar o apartado turístico da Costa da Morte e traballar positivamente no destino Costa da Morte”