O alcalde de Coristanco, Abraham Gerpe, non entende os atrancos que hai para poder contratar un técnico para desbloquear as licencias urbanísticas.
Despois das súas declaracións no Diario de Bergantiños puxémonos en contacto co alcalde de Coristanco, Abraham Gerpe, que confirmou o seu malestar por non poder contratar un asesor para dar resposta as solicitudes de licencias urbanísticas que están enriba da mesa.
Non especifica pero sinala ao apartado dos traballadores municipais:“Non sei de quen é a culpa.Eu remito escritos a distintos departamentos e non se fai ningunha cousa que ordeno, e iso é deixadez de funcións e iso é motivo de apertura de expediente”.
Gerpe entende que alguén “non está cumprindo co seu labor”.Quere un asesor e afirma que recibe informes de 50 follas desde a secretaría:”Estou mandando contratar un técnico desde que cheguei. Eu non quero ler informes de centos de folios, quero que se contrate un técnico dunha maneira legal e correcta. Non é normal o que está pasando en Coristanco».
Desplazar un autobús a San Caetano
O alcalde séntese molesto polo prexuízo que se lle está causando aos veciños:”Non se pode tolerar que unha persoa perda unha subvención de 15.000 euros, porque non haxa un técnico”.Vai a tentar reconducir a situación:”Vou a facer o que me permita a lei e senón dimitir pero non vou fastidiar aos meus veciños.
Confirmou que está estudando levar nun autobús aos afectados polas licencias a San Caetano “a ver que solución nos dan na Xunta” despois de que na Deputación lle contestaran que “non é labor deles”.