O certame de Dumbría atrae a persoas de distintos puntos da bisbarra. Este vindeiro domingo.
Dumbría volve a celebrar o Entroido por todo o alto. O seu concurso de comparsas xa traspasas as fronteiras do concello e é unha atractivo que arrastra persoas e grupos de distintos municipios.
O domingo 11 de febreiro, ás 17,00h terá lugar a concentración de disfraces na praza do concello.As comparsas e as persoas disfrazadas realizarán un percorrido polo pobo ata a carpa instalada na praza da igrexa. Alí actuarán un ano máis.
O concello de Dumbría destina máis de dous euros para os premios nesta xornada tanto para grupos como individuais. Haberá agasallos para os nenos disfrazados e non faltará a música de charanga para amenizar un dos grandes festivais do entroido.
O ano pasado o certame foi gañado pola comparsa “Os da Charca” de Fisterra. En segundo lugar quedou a comparsa de Gures(Cee) e no terceiro posto “Os Trotamúsicos” de Fisterra.