Tres días de actividades no concello de Mazaricos.
Chega o Entruido e no concello de Mazaricos non son alleos a esta época. Os actos comezarán o sábado ás 16,30h coa saída desde o recinto feiral dos Entruideiros de Arcos, co Exército dos Panos. Nesta ocasión estarán acompañados polos nenos dos colexios que desfilarán tras eles, ataviados da mesma maneira. A colaboración das asociacións e dos colexios fixo posible que os máis pequenos se sumaran a recuperar esta tradición.
Ás 17,30 h regresarán ao recinto feiral da Picota onde haberá unha merenda, inchables e o sorteo dunha Tablet e de cestas de Entruido. Xa pola noite (21,30h), terá lugar un cocido de Entruido en San Cosme de Antes, con música tradicional e animación infantil.
O domingo celebrarase un gran baile das persoas maiores na Casa da Cultura da Picota(21,00h). E o martes 13, será o momento da correduría popular do Entruido(16,00h) saíndo do colexio de San Cosme de Antes pasando por San Cosme, Xunqueira, Pazos e Grille antes volverá ao centro escolar para asistir a unha merenda.
Toda esta programación que se celebra no concello de Mazaricos é posible grazas a colaboración de Eu Son Mazaricos, asociación cultural de Antes, asociación de veciños o Souto de Arcos, e a asociación de Amas de Casa. Para que nada falle nestas xornadas tamén contan coa coa axuda dos voluntarios da agrupación de Protección Civil municipal.
O venres, sábado e domingo celebrase a Ruta das Tapas. As persoas participantes levarán un pasaporte para selar en, polo menos, dúas parroquias. Tras iso entrarán no sorteo dun vale de 100€ e entregaráselle o seu peso en cervexa.