10.9 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O PSOE propón converter o polígono de Malpica nun centro de transformación da pesca

Entrevista co presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

O PSdG considera facer do Polígono industrial de Malpica «un centro de referencia na transformación de produtos pesqueiros da Costa da Morte». 

Así llo expuxo o portavoz municipal do PSdG en Malpica, Sergio García Villar, ao  presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, nunha xuntanza mantida neste día.

«O noso obxectivo é dobre: por unha banda, pór en marcha o solo industrial existente para que xere emprego e actividade económica en Malpica, e por outra dar un novo impulso ao sector pesqueiro, que tradicionalmente ten sido o motor económico deste pobo», declarou Sergio García.

O concelleiro socialista informou que a xuntanza entra dentro dunha rolda de contactos políticos e institucionais que ten previsto realizar nas vindeiras semanas para buscar apoio ao seu proxecto.

Defende a posta en marcha “dun plan para a recuperación económica de Malpica»,no que os socialistas están a traballar de cara ás eleccións municipais, que contará coa colaboración de varios especialistas do partido e que non se centrará exclusivamente no sector pesqueiro, pois «é necesaria unha diversificación que aposte por facer de Malpica un lugar con futuro».García Villar destacou o importante apoio da Deputación ao concello de Malpica.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos