9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O PP de Zas afirma que o pasotismo do alcalde impide a instalación de empresas como Estrella Galicia

 

David Gómez:Temos a posibilidade de aumentar a superficie do polígono municipal, tal e como recolle o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), pero o señor Muíño oponse constantemente”.

A instalación prevista de Hijos de Rivera no polígono industrial de Vimianzo suscitou as primeiras críticas. Neste caso desde o concello de Zas. 

O portavoz do Partido Popular, David Gómez, denuncia que “o pasotismo” do alcalde Manuel Muíño privou que esta empresa de puidera instalar no concello de Zas.

“Todos sabemos que o polígono de O Allo conta cunha localización privilexiada, cunha ligazón da autovía á beira e moito máis preto da Coruña que o de Vimianzo, pero parece ser que o noso alcalde está máis preocupado por outros asuntos que polo feito de conseguir que unha empresa como Estrella Galicia se instale no municipio” afirmou Gómez Brandariz.

Ao concelleiro popular parécelle difícil de entender que contando en Zas cun polígono municipal como o de O Allo e outro privado como o de Os Muíños, Estrella Galicia optara por ubicarse en Vimianzo.

Para David Gómez  a falta de chan no polígono de O Allo é un dos motivos polos que moitas empresas están a optar por instalarse en Vimianzo en lugar de facelo en Zas.“Temos a posibilidade de aumentar a superficie do polígono municipal, tal e como recolle o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), pero o señor Muíño oponse constantemente” manifestou.

O portavoz do PP considera “imperdoable” que segundo o seu punto de vista o alcalde de Zas “segue sen mover un dedo” para garantir a chegada de empresas.

Nun comunicado de prensa insta a Muíño Espasandín a que se “preocupe menos polo traballo da oposición, se deixe de tantas fotos e se gañe o soldo que cobra todos os meses das arcas municipais”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos