4.8 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

24 empresas optan a executar as obras viarias entre o polígono de Santa Comba e Abuín

O levantamento das actas previas está previsto para o primeiro semestre deste 2018.

Un total de 24 empresas presentaron as súa ofertas para executar a primeira fase das obras de acondicionamento da estrada AC-406, Portomouro-Santa Comba, que se desenvolverán entre o núcleo de Abuín e o parque empresarial de Santa Comba, segundo informan fontes da Consellería de Infraestruturas.

As obras teñen un orzamento de 4,3 millóns de euros,os cales algo máis de 375.000 se corresponden coas expropiacións. Hai 67 fincas afectadas.o levantamento de actas previas á ocupación dos terreos prevese para o primeiro semestre de 2018.

Con esta mellora evitarase o paso polo núcleo de Salgueiroas “encaixado entre edifiicacións e con varias curvas de radio moi reducido e interseccións con escasa visibilidade”.

O trazado desenvólvese entre os puntos quilométricos 25+680 e 27+740 e ten unha plataforma de 10 metros, con dous carrís de 3,5 m e beiravías de 1,5 m, á que se sumarán bermas polas dúas marxes de 0,75 metros. Inclúense tamén dúas interseccións, unha ao final da travesía de Salgueiroas con forma de semiglorieta na que se permitirán os cambios de sentido; e outra como unha glorieta no punto final da actuación, na que conflúen a nova traza coa AC-406 e o acceso ao parque empresarial de Santa Comba.Así mesmo, prevese unha nova estrutura sobre o rego da Bouza, de aproximadamente 50 metros de lonxitude, dous pasos inferiores e proxéctanse camiños de servizo para canalizar os accesos existente.

Petición de Compromiso

O secretario local de Compromiso por Galicia,David Barbeira, presentou un escrito no concello no que solicita información sobre esta actuación. 

“Entendemos que os veciños e veciñas de Santa Comba teñen dereito a saber de que xeito se vai a levar a cabo a mellora desta vía” afirma Barbeira que pide que se publiquen todos os detalles da obra para coñecemento xeral.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos