8.2 C
Santa Comba
miércoles, marzo 20, 2024

A Laracha adherirase á nova planta de compostaxe de SOGAMA

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, mantiveron hoxe na Alcaldía unha reunión co presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (SOGAMA), Javier Domínguez Lino, para tratar a adhesión do Concello ao programa específico de promoción da reciclaxe a través da planta de compostaxe polo sistema Forsu (fracción orgánica dos residuos urbanos) que a citada entidade vén de construír en Areosa, no próximo municipio de Cerceda, no marco do Plan estatal Marco de Xestión de Residuos 2016-2020.

O funcionamento do tratamento Forsu require da separación previa da materia orgánica nos fogares particulares e, por tanto, da implantación por parte da administración local dun quinto colector de recollida selectiva. Unha vez se faga efectiva a súa adhesión ao programa, o Concello da Laracha destinará preto de 16.000 euros á adquisición de 150 recipientes de 360 litros de capacidade e que terán unha cor marrón característica. Nunha primeira fase está previsto instalados nos tres cascos urbanos (A Laracha, Paiosaco e Caión) e tamén na urbanización Monte Claro, a zona residencial de maior entidade da parroquia de Cabovilaño

O residuo Forsu non pode conter máis de un quince por cento de impropios (plástico, papel, vidro, téxtiles, etc.) para poder ser procesado debidamente na instalación de compostaxe. Por ese motivo os novos colectores estarán equipados cunha pechadura automática e para poder ser empregados requirirán dunha chave que será cedida de xeito gratuíto a todas as persoas que desexen sumarse a esta iniciativa. 

Coa adhesión á nova planta de compostaxe de SOGAMA o Concello da Laracha dará un paso máis no seu compromiso de respectar ao medio ambiente a través da promoción da reciclaxe, tomando medidas para facilitar a separación dos residuos sólidos urbanos, o correcto transporte e o seu posterior tratamento nas instalacións especializadas.

A cooperación cidadá e a implicación da veciñanza será fundamental para cumprir cos propósitos desta iniciativa. Por iso, unha vez este confirmada a adhesión ao convenio, SOGAMA realizará, coa colaboración do Concello, unha ampla campaña de información e sensibilización sobre os beneficios medioambientais que implicará sumarse ao novo sistema de recollida dos residuos orgánicos.

Fonte- Concello da Laracha

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos