13.5 C
Santa Comba
sábado, abril 6, 2024

O BNG considera que Feijóo penaliza a Carballo

Reprochan a Núñez Centeno que votara en contra das enmendas do BNG que recollían melloras para Carballo.

O Bloque Nacionalista Galego de Carballo lamenta que Carballo non apareza nas previsións dos novos centros de saúde previstos pola Xunta de Galicia, o que supón que “a Xunta seguirá penalizando aos nosos veciños e veciñas sen unhas novas instalacións que eviten a  saturación do edificio actual e dos profesionais que prestan servizo nel”.

Os nacionalistas sinalan ao portavoz municipal e deputado autonómico Aurelio Núñez Centeno:”Pouco se pode agardar do goberno autonómico do Partido Popular cando nin sequera o deputado de Carballo, que ademais é portavoz do grupo municipal do seu partido, vota a favor das emendas presentadas polo BNG para poñer fin ás principais eivas que ten o noso concello en materia sanitaria”.Estas enmendas recollían a petición dun centro de saúde, unha ambulancia medicalizada e máis consultas de especialidades.

Desde o BNG tamén fan referencia ás demandas do PP local sobre política social:”Cando Aurelio Núñez nos pide a través da prensa que “reflexionemos” sobre a nosa política social no Concello de Carballo debería pensar que a sanidade tamén forma parte da política social de calquera goberno”.E aseguran que as administracións locais asumen en distintas ocasións competencias propias da Xunta de Galicia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos