7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

A Deputación adxudica obras en estradas de Zas, Ponteceso, Dumbría e Cee

José Manuel Pequeño destaca que as obras mellorarán a seguridade vial.

A Deputación da Coruña destina 951.847 euros para realizar melloras viarias nos concellos de  Zas, Ponteceso, Dumbría e Cee.O deputado responsable da área de Vías e Obras da institución provincial, José Manuel Pequeño Castro, destacou a importancia das obras, que contribuirán a mellorar a seguridade da circulación.

O proxecto máis custoso é o que se vai a realizar na DP-9301, nunha zona próxima ao núcleo de Baio(Zas) no que se invisten 551.302,75 euros.

Esta vía provincial conecta a estrada A Coruña-Fisterra e a estrada Baio-Ponteceso e quedará “como unha travesía con carrís de circulación de 3 metros de ancho e beirarrúas de 2 metros” incluíndo na marxe dereita, que ata o de agora non existían. Mellorará a seguridade vial na zona.Os traballos inclúen a dotación dunha nova rede de pluviais e dunha nova capa de rodaxe para a calzada.

Ponteceso, Dumbría e Cee

No concello de Ponteceso adxudicouse a construción de dúas novas sendas peonís nas estradas DP 6801 da Campara a Corme por Brantuas e DP 6804 de Corme ao Roncudo, por importe de 158.315 euros.

Outra actuación do organismo provincial é a mellora do firme da estrada DP2302 entre o lugar de Hospital, no concello de Dumbría, e Brens, en Cee.Neste caso o investimento ascende a 214.000 euros.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos