14 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

O PP denuncia irregularidades nun proceso de contratación en Muxía

O alcalde Félix Porto nega as acusacións dos populares.

A portavoz do Partido Popular en Muxía, Sandra Vilela, denunciou a existencia de irregularidades no proceso de contratación de dúas das persoas do Servizo de Atención no Fogar.

Os populares perciben que detrás desta contratación escóndese “unha forma encuberta de meter a dedo ás persoas que lle interesan ao alcalde”.Critican que a empresa externa subcontratada polo concello “non fai proceso de selección, nin anuncia na web municipal a apertura deste expediente”.

Sandra Vilela afirma que estamos ante un claro exemplo de “escurantismo” e aínda que haxa unha empresa por medio “é chamativo que unha das persoas elixidas o ano pasado foi a irmá dun concelleiro e que, posteriormente, estes traballadores foron tamén elixidos para as prazas que outorga o concello”. Para o PP de Muxía esta é unha maneira de actuar “pouco moral” e reclaman “as mesmas oportunidades para todos”.

 

Reacción do alcalde  Félix Porto

En declaracións a Adiante Galicia, o alcalde de Muxía, Félix Porto, restou importancia as críticas dos populares.“O tema é moi sinxelo, prorrógase o orzamento e antes de quedar sen servizo como non se pode facer o procedemento cóbrense así as prazas”.

Non hai ningunha irregularidade” afirmou Porto que criticou a Sandra Vilela:”A irregularidade está na mente dela que ten unha mente irregular e  por iso di tonterías”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos