10.9 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Escolas unitarias rehabilitadas con fondos provinciais

A Deputación destinou 281.646 euros para mellorar escolas unitarias nos concellos de Vimianzo, Coristanco, Laxe e Zas.

Dez escolas unitarias dos concellos de Vimianzo, Coristanco, Laxe e Zas rehabilitáronse grazas ao Plan de Acción Social da Deputación provincial da Coruña e a un investimento de 281.646 euros.

Segundo a Deputación o obxectivo era mellorar as condicións de habitabilidade das instalacións “con medidas de aforro enerxético, impermeabilización ou illamento” para que estes edificios poidan prestar un servizo, na súa maioría de centros sociais ou culturais.

Mediante este plan o concello de Vimianzo rehabilitou a escola de Carantoña( 53.240 euros). Tamén se actuará na escola unitaria de Ogas, na parroquia de Cambeda. As obras teñen un orzamento de 30.000 euros.

 

Cinco escolas rehabilitadas no concello de Zas

No concello de Zas, beneficiáronse deste plan as escolas unitarias de San Cremenzo, Carreira, Romelle, Zas e Muíño. No caso de Coristanco melloráronse as de Oca e Rabadeira.

Polo que respecta ao concello de Laxe, a antiga escola desta localidade reconverterase nun Punto de Atención á Infancia(PAI).O investimento é de 63.000 euros.

Fotos- Portada- Escola de Muiño – Interior- Escola de Carreira- Concello de Zas

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos