12.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

O concello de Vimianzo consegue aforrar un 20% na factura da electricidade

E.nova Enerxía é a empresa que gañou o concurso para o subministro eléctrico. 23.000 euros de aforro en seis meses cunha orixe renovable.

O concello de Vimianzo aforrou no último semestre de 2017 uns 23.000 euros no gasto eléctrico.Un 20% respecto ás condicións que tiña contratadas anteriormente.

A orixe deste importante aforro para as arcas municipais está no contrato de subministro eléctrico que licitou o concello soneirán. A empresa gañadora do concurso foi E.nova Enerxía, de capital galego, e que ademais garante a procedencia 100% renovable da enerxía, nun claro compromiso co medio ambiente. 

Aforro e enerxía renovable en Vimianzo

“En Vimianzo aforramos na factura eléctrica 4.000€ ao mes e consumimos só enerxía renovable” manifestou o alcalde Manuel Antelo, que fixo unha valoración positiva deste contrato.Así mesmo Antelo destacou que nun contexto de suba do prezo da luz, o concello paga menos grazas a optimización dos recursos.

E.nova Enerxía é unha empresa comercializadora que ofrece o aforro garantido aos seus clientes, atención e servizo personalizado, contratos transparentes sen ataduras non permanencias e o uso de fontes renovables.

Froito de súa aposta pola chamada enerxía intelixente, está penetrando nas comarcas de Xallas, Bergantiños e na Costa da Morte  e cada vez son máis as pequenas e medianas empresas, as que contratan os seus servizos con esta empresa. 

Teléfono de información de E.nova Enerxía 900 834 473 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos