8.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Contactos con turoperadores para vender Mazaricos como produto turístico

O alcalde, Juan Blanco, cualifica de “espectacular” a experiencia en FITUR.

“Nós temos un produto que é o concello e pretendemos facer un paquete conxunto con eles, e xa concretamos con varias axencias que virán pasar a Mazaricos uns días para preparar esta oferta”. Estas declaracións do alcalde Juan Blanco de volta da feira internacional do turismo Fitur, resumen o contido da “fam trip” que se celebrou nun restaurante de Madrid o pasado xoves.

Como sinala Blanco Riveiro quixeron ir más alá do “apartado protocolario” e da promoción dentro do recinto de Ifema e xuntaron a uns vinte turoperadores para ofrecerlles unha presentación personalizada.

Unha intervención do alcalde apoiada por recursos multimedia, a proxección dun vídeo de Eu Son Mazaricos, e unha degustación de produtos da terra foron o os ingredientes deste acto, que rematou cos propios contactos entre representantes municipais e os convidados. Non faltou o presidente da asociación de hostaleiros de Mazaricos, Jorge Jurjo.

E segundo comentaba Juan Blanco hai conversas avanzadas e pretendese que os propios axentes turísticos especializados en eco turismo, turismo familiar ou no Camiño de Santiago, visiten Mazaricos para concretar ese produto turístico do concello.

O alcalde lembrou as potencialidades de Mazaricos coas súas paisaxes, gastronomía, patrimonio megalítico, ou os recursos relacionados coa auga como as “fervenzas” de Nubeira ou Santa Leocadia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos