10.5 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

Amancio Lavandeira:“No concello de Coristanco non houbo máis movemento desde o 25 de agosto”

Terra Galega pide explicacións sobre o salario que está percibindo o alcalde, Abraham Gerpe, que continúa de baixa.

O portavoz de Terra Galega en Coristanco, Amancio Lavandeira, lamenta a situación que se vive no concello de Coristanco xa que asegura que desde o día da moción de censura do pasado 25 de agosto non houbo xestión política no municipio:”Agora os que fan xestión son os técnicos. Non existe unha xestión política nin un alcalde, hai a sensación de que existen tres á vez” asegura.

Lavandeira denuncia que “o urbanismo está estancado e non hai persoal nesa oficina.Antes había certo retraso, pero hoxendía duplicouse”. Tamén incide que hai “moitas queixas” polo alumeado e que a limpeza dos locais públicos xestiónase “en precario.”O que funciona é grazas ós traballadores e ós funcionarios, isto é unha auténtica parálise” sinala o xefe da oposición.

A situación de Abraham Gerpe

O portavoz de Tega pediu explicacións por escrito sobre a situación do alcalde Abraham Gerpe, que está de baixa, ao que criticou pola súa actitude:”Insistiu en que non cobraría o seu soldo mentres houbese débedas. Nós deixamos un diñero, pero eles non recoñeceron esa situación e polo tanto non debería cobrar mentres non recoñeza que existe o superavit”.

Agora piden aclaracións sobre todo lo relacionado coa situación contractual e laboral do alcalde, que como lembran en Tega “desde o día da moción de censura  está cobrando ese salario”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos