10.9 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

O alcalde de Zas trasladará o malestar que existe polas deficiencias no servizo de pediatría

//Queixas no concello pola cancelación de citas// Manuel Muíño reclamará unha solución á Xunta de Galicia//

O alcalde do concello de Zas, Manuel Muíño Espansandín, ten previsto solicitar unha xuntanza coa directora de Procesos Asistenciais do Sergas, para trasladar o malestar existente nas familias “pola cancelación de citas sen previo aviso”.

Desde xeito, desde o goberno local de Zas apoian a “xusta reivindicación das familias dun servizo de pediatría que garanta unha asistencia de calidade para os seus fillos e fillas”.

Ante as queixas existentes, o alcalde esixirá que a Xunta adopte “medidas precisas para que os nenos e as nenas do noso concello reciban a atención médica que precisan e merecen”.

A explicación do concello de Zas

Segundo explican desde o concello, contan “cun especialista en pediatría que presta asistencia en días alternos nos centros de saúde de Zas e Baio, pero as familias usuarias do servizo denuncian que en repetidas ocasións, malia ter solicitado cita previa, atópanse con que o persoal sanitario non está no centro que lle corresponde, co cal as citas cancélanse sen previo aviso e pais e nais vense obrigados/as a recorrer ao servizo de urxencias para solucionar calquera problema propio da atención primaria”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos