O autor estivo acompañado pola ilustradora Isabel Pintado e polo Director Xeral de Política Lingüística, Valentín González.
O autor Paco López Barxas presentou en Ler librerías a súa obra “Nemo e Sabela polos parques de Compostela” acompañado pola ilustradora Isabel Pintado.
López Barxas faloulles aos nenos e nenas que se deron cita no espazo cultural de Ler, deste contacontos que fala das andanzas de dous gatos pola capital de Galicia, mentres Isabel Pintado traballaba en vivo e en directo.
A carón de López Barxas, estaba o Director Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, o editor José Luis Teófilo e o responsable de publicacións do Consorcio de Santiago, Juan Conde.
Tamén entre o público se puido ver ó presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, á alcaldesa de Santa Comba, María Pose, ou ao secretario local de Compromiso, David Barbeira.Ao final houbo un sorteo de varias ilustracións.