14.2 C
Santa Comba
martes, abril 23, 2024

Diego Calvo abre a precampaña para as eleccións municipais en Bergantiños

O presidente provincial insiste que o obxectivo do seu partido é nomear aos candidatos con, polo menos, un ano de antelación respecto da celebración das municipais.

Que os veciños perciban ao Partido Popular como “unha clara opción de goberno real, seria e solvente”. Ese é o obxectivo inmediato que se marcan desde a dirección provincial, para poder gobernar nos concellos da bisbarra de Bergantiños.

O presidente provincial Diego Calvo, acompañado polo vicesecretario xeral de Organización e Territorio, Evaristo Ben, mantivo unha xuntanza de traballo cos alcaldes de Cabana, José Muíño, Malpica, Eduardo Parga, e A Laracha, José Manuel López Varela e cos portavoces municipais Aurelio Núñez Centeno(Carballo), José Luis Fondo(Ponteceso), e José Luis Pérez Añón(Laxe).

Gobernar en tódolos concellos de Bergantiños

“Acabamos de arrincar un ano no que están en xogo moitas cousas. Temos por diante o reto de seguir fortalecéndonos en todos e cada un dos concellos, de continuar escoitando aos nosos veciños e, ademais, de dar a coñecer o nome dos que serán a nosos cabeza de lista” asegurou Diego Calvo. Estes nomeamentos deberán ser públicos un ano antes das eleccións.

O PP quere gobernar en tódolos concellos de Bergantiños:“Estamos a falar dun obxectivo ambicioso, pero mentres outros se conforman con apartarnos do goberno da maneira que sexa, sumando cos partidos que sexan, nós aspiramos a conseguir a confianza do maior número de veciños para tomar as rendas dos municipios”, dixo Calvo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos