18.7 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Compromiso por Santa Comba fai balance dos seus primeiros meses de actividade política

A agrupaciòn local presentouse oficialmente fai tres meses. Reproducimos un artigo redactado polo secretario local para Adiante Galicia.

 

David Barbeira

 
 
 
 
 
Desde que se fixo a presentación oficial de Compromiso por Santa Comba o día 06 de outubro de 2017 encabezado por David Barbeira García, este grupo traballou a reo.
 
 
O primeiro que se fixo foi reunirse co grupo de goberno e coa oposición. Coa alcaldesa María Pose e con Francisco Ameijeiras mantivemos unha reunión cordial na que lles expusemos a forma en que queríamos traballar, que non era outra que presentar escritos por rexistro, denunciando os problemas que poidera haber no noso concello e aportando sempre unha proposta de solución ó citado problema. 
 
 
Por outra banda, o Sr. Ucha non quixo manter ninguha reunión con nos, alegando que non tiñamos nada que ver uns cos outros e que non vía necesario ter que falar entre nos. Respectamos esa postura do representante de PSOE,  aínda que non a compartimos, pois pensamos que ambos queremos o mellor para Santa Comba e a idea era xuntar forzas para conseguir unha mellora. 
 
 
Dende mediados de outubro fomos visitando as distintas parroquias, e aínda que nos faltan moitas por visitar xa fomos vendo moita problemática e fomos presentando escritos ó concello, un total de 23 escrito a día de hoxe. 
 
Aínda que todos os escritos eran de moita importancia, destacaríamos como prioritarios os seguintes:
 
 
Escrito sobre o abastecemento de auga de San Cristobo, no cal demandábamos que se procedera con urxencia a reparar o problema coa auga para que chegara ás casas dos veciños, xunto coa reclamación aportábamos un plano no que se marcaba unha alternativa ó problema.
 
 
Escrito sobre a situación do Lugar da Cova:  as condicións de acceso son tercermundistas, non existe unha sinalización, a carretera é de sentido único, pois non pasa un coche por outro,  ten vexetación no firme do vial,  a súa ponte estaba taponada con madeira que o río foi arrastrando, as barandas da ponte están en mal estado, é un completo abandono deste lugar. 
 
 
 
Situación do pabillón e colexio de Traba: as condicións destas instalacións distan moito de ser as adecuadas para os nosos rapaces e rapazas. 
 
 
Situación do ximnasio municipal: existe filtración de auga para o interior do recinto que entendemos non podería estar aberto o público nestas condicións.
 
 
 
Problemática e peligrosidade do cruce de Santa Catalina: a sinalización deste cruce está caída e non existe ningún tipo de sistema de limitación de velocidade, nun cruce onde xa houbo moitos accidentes.
 
 
 
Poderíamos seguir co resto de escritos pois como xa dixemos todos, absolutamente todos son de moita importancia, carreteras en mal estado, pontes, vexetación nas estradas, etc.
 
 
A resposta por parte do goberno local a todas as nosas peticións foi sempre o absoluto silencio, a auga de San Cristobo resolveuse de unha forma chapuceira e aínda están as mangueras que levan a auga desde o depósito a intemperie e porriba de fincas particulares, pódese dicir que se fixo un remendo pero que o problema segue aí. 
 
 
Tamén se realizaron os traballos de limpeza da ponte da Cova, xusto o día que o río se desbordou e despois de que Compromiso por Santa Comba presentáramos en Augas de Galicia a denuncia da situación que existía, aínda así, despois de inspeccionar a zona logo de que o nivel do río baixara, puidemos comprobar que non está limpo.
 
 
Do resto dos asuntos demandados non se tivo resposta ningunha e incluso houbo “burla” por parte dalgún concelleiro de que o pasaban moi ben vendo as fotos e os escritos que presentábamos. 
 
 
 
Outro tema que tamén tratamos moi de cerca foi o da colocación do transformador no Cubelo, tiñamos preparado un escrito para presentalo no concello e solicitar que se revisara a ubicación do mesmo pero nese mesmo día apareceron as grúas para descargalo e so puidemos apoiar ós veciños do Cubelo ante esa inxustiza, aínda que finalmente a nosa alcaldesa mediou coa empresa eléctrica e cos veciños e conseguiu que quedara colocado no lugar onde quixo a empresa cunha promesa de que se cambiaría.
 
 
 
Durante este tempo tivemos trabas para poder facer o noso traballo, desde ataques e presións a membros da familia ata prohibicións de uso de locais públicos para falar cos veciños, pero nada de iso nos deterá, cando tomamos a decisión de facer política en Santa Comba sabiamos que non ía a ser doado e que teríamos que loitar como David contra Goliat..
 
 
 
Somos un grupo comprometido cos veciños, que seguiremos solicitando o que por dereito lle corresponde ós veciños, que seguiremos apoiando a todo aquel que o precise ante as inxustizas municipais, que estaremos en cada un dos lugares e parroquias para escoitar ós veciños e tratar de axudalos.
 
 
 
Como dixemos na presentación da campaña OS FEITOS FALARÁN POR NOS, porque a palabrería xa non serve, os veciños queren feitos. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos