5.1 C
Santa Comba
sábado, marzo 30, 2024

O BNG de Camariñas pide a ampliación dos horarios da gardería

Critican a propaganda da Xunta e a falta de resposta do concello de Camariñas.

A concelleira do BNG en Camariñas, Ilva Carril, solicita ao concello de Camariñas que presione á Xunta de Galicia “para que haxa turnos de gardería acorde ás necesidades dos/as veciños/as”, que permitan a conciliación da vida laboral e familiar.

”É importante priorizar este tipo de cuestión para que poidamos vivir plenamente no rural sen ningún atranco e sen que abandonemos o noso Concello pola imposibilidade de compaxinar familia e traballo” afirma Carril.

Críticas á Xunta de Galicia

Cualifican de “mera propaganda” os anuncios do goberno galego sobre as medidas  neste eido e denuncian a imposibilidade de conciliación das familias do concello de Camariñas “pola falta de flexibilidade dos horarios” e tamén pola falta de oferta de prazas.

Críticas ao goberno local de Camariñas

Pero o BNG  tamén critica ao goberno local pola falta de resposta ante as peticións veciñais:” Recentemente algunhas familias pediron a alcaldía que estudara posibles saídas a esta situación, o alcalde e a tenente de alcalde nin sequera se dignaron a respostar por este asunto, como si o tema non fose con eles nin coa atención que deben de ter os gobernantes para cos veciños/as”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos