7.8 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

En Mazaricos os Reis Magos chegaron en tractor

Juan Blanco:“Por unha parte visibilizamos o sector entre os máis pequenos e pola outra, participou na iniciativa o asociacionismo da vila”.

Cristóbal Mourín–

“Máis que unha cabalgata foi unha tractorgata” aseguraban acertadamente desde o concello de Mazaricos. Porque Gaspar, Melchor e Baltasar non percorren este municipio nin en cabalos, nin tampouco en camellos.

Usaron un medio de locomoción moi tradicional nestas terras gandeiras.Os tractores engalanados polas asociacións Eu Son Mazaricos, Asociación Cultural de Antes,Gandeiros de Mazaricos e Asociación Amas de Casa de Mazaricos – El Hórreo.

Ofrenda de leite no Belén de eucalipto

Repartiron caramelos e participaron nunha ofrenda de leite no Belén de eucalipto situado na entrada do concello de Mazaricos.

Despois dirixíronse á Casa da Cultura da Picota, onde falaron cos máis de 200 nenos que alí agardaban polas súas Maxestades. Houbo agasallos envoltos nas bolsas MZ e unha chocolatada.

O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro, dixo sentirse “orgulloso” desta iniciativa:”Por unha parte visibilizamos o sector entre os máis pequenos e pola outra,participou na iniciativa o asociacionismo da vila”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos