2.4 C
Santa Comba
viernes, diciembre 13, 2024

Mazaricos pon en valor o seu patrimonio megalítico

Estudan a necrópole de Pedras Miúdas(Corzón) e preparan unhas xornadas sobre o patrimonio.

O concello de Mazaricos quere aproveitar toda a súa riqueza megalítica e dala a coñecer. Recentemente a arqueóloga municipal, Nina Alvela, supervisou os traballos de limpeza da necrópole de Pedras Miúdas, financiados pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.

 Segundo explicou Alvela trátase dun xacemento con once mámoas, que se vai a sinalizar nos próximos meses, e que se localiza nas proximidades do Camiño xacobeo.

“É un xeito de que os peregrinos atopen máis atractivos en Mazaricos e pasen máis tempo aquí” sinalou a arqueóloga. Os túmulos de Pedras Miúdas poden estar datados entre o 4.500 e o 3.000 A. C. “No que estamos traballando agora é en procurar financiamento para darlle máis valor á escavación para analizar materiais textís ou doutro tipo que poida haber dentro”, explicou Nina Alvela. 

 

Ciclo de charlas sobre patrimonio

Desde o concello de Mazaricos informan que o próximo 19 de xaneiro organizarán un ciclo de charlas con expertos denominado “O patrimonio arqueolóxico. Mazaricos”. Será na Casa da Cultura da Picota.Intervirán os profesores titulares da USC, Antón A. Rodríguez Casal e Josefa Rei Castiñeiras e Xulio Carballo do Servizo de Patrimonio Cultural, Xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitara. O profesor Rodríguez Casal falará sobre a relevancia da Parxubeira no conxunto da Terra de Xallas. 

Para o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco Riveiro, “é fundamental que as novas xeracións tomen conciencia da importancia de coñecer e coidar o seu patrimonio”. Neste sentido a arqueóloga municipal imparte clases maxistrais nos centros educativos do municipio. 

En xaneiro tamén se poñerá en marcha un torneo intercolexios co obxectivo de que os novos estudantes “busquen e expoñan ou patrimonio que teñen nas súas aldeas” .

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos