16.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Tania Fuegho ofrecerá unha actuación dentro do programa de nadal de Mazaricos

Cine, baile de maiores, Nadal lúdico, cabalgata con tractores e actuación de Tania Fuegho.

A vocalista Tania Fuegho ofrecerá un concerto o vindeiro sábado 30 de decembro ás 10 da noite no auditorio da Picota, unha actividade que se enmarca dentro do programa de nadal do concello de Mazaricos.

A cantante, que forma parte do xurado do concurso “Recantos” do programa Luar da TVG, é natural da parroquia de Corzón, neste concello da comarca do Xallas.

Nadal lúdico en Mazaricos

A programación municipal de Mazaricos conta tamén cun Nadal Lúdico os días 26, 27,28 e 29 de decembro e o 2, 3,4 e 5 de xaneiro.O 25 de decembro haberá un Gran Baile de Nadal de maiores na Casa da Cultura da Picota (20:00h). No concello de Mazaricos rematarán o ano(31 de decembro) coa II Carreira do Leite, na praza da feira da Picota(12,00h).

O venres 5 de xaneiro terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis, neste caso con tractores, que sairá de percorrido as 16,00h do recinto feiral da Picota e rematará na Casa da cultura onde haberá unha chocolatada e reparto de agasallos.

Cinema na Casa da Cultura

Ao longo da última semana do ano haber varias proxeccións de cine na Casa da Cultura da Picota: “Gru.Mi millonario favorito”(martes 26), “El bebé jefazo”(mércores 27), “Power Rangers”(jueves 28), e “Mascotas(xoves 28). Tódalas funcións están previstas para as 17:00h.Nestas datas o departamento de Servizos Sociais municipal está desenvolvendo unha campaña de recollida de xoguetes.

Foto de Tania Fuegho- Javier Rial

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos