5.8 C
Santa Comba
miércoles, marzo 27, 2024

Dobre recoñecemento para o CEIP Pepe de Xan Baña

Xunto cos centros de Muros e Noia, o Pepe de Xan Baña resulta premiado nunha convocatoria da Xunta de Galicia e noutra do concello de Santiago de Compostela.

O proxecto intercentros do IES Fontexería de Muros, do CEIP Felipe de Castro de Noia e do CEIP Pepe de Xan Baña de Santa Comba foi premiado no IV Concurso de Traballo por Proxectos de Bibliotecas Escolares convocado pola Consellaría de Educación.O traballo foi realizado na materia de Valores Éticos do Departamento de Filosofía en colaboración co CEIP Felipe de Castro de Noia e CEIP Pepe de Xan Baña de Santa Comba.Estes proxectos realízanse desde a biblioteca coa a colaboración, deste servizo do centro.

Este proxecto foi escollido para ser exposto na VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia e agora ven de ser recoñecido co premio do plan LIA de Bibliotecas escolares de Galicia cunha dotación de 3000 euros para investir nas bibliotecas dos centros participantes.

Educacompostela

Pero houbo outro recoñecemento para o colexio de Traba(Castriz). O centro xalleiro acadou o segundo premio nos premios Educacompostela, convocados polo concello de Santiago en colaboracion co Movemento de Renovación Pedagóxica.

Foi para o traballo “proxecto internivel e interetapa de mitoloxía dende a biblioteca” coordinado por Xosé Cabido Pérez, do IES Fontexería de Muros, xunto con Maiuca Cortón Tesouro do CEIP Felipe de Castro de Noia e Alicia Nimo Liboreiro, do Pepe de Xan Baña de Santa Comba.
Segundo o web do concello de Santiago de Compostela o proxecto “destaca por empregar a biblioteca escolar como núcleo vertebrador da revalorización e da difusión da cultura clásica, e por ser quen de aplicar as novas tecnoloxías para crear coñecementos e aprendizaxes, ademais de como vía de cooperación e colaboración entre centros”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos